Bío

Vinculado directamente a proxectos como Marful, Talabarte, Laio ou Germán Díaz dúo é director artístico de espectáculos como Ao Pé dá Letra, Descarga ao Vivo, Opening Womex 2016.

Traballou tanto en gravacións como en directo con destacadas figuras solistas e músicos da música de raíz como Leilía, Uxía, Budiño, Davide Salvado, María Salgado, Jacky Molard, Soïg Siberil, Donal Shaw, Värtina, Tony McManus, Mercedes Peón, Pierre Invert, Mairin Fahy, Kathryn Tickell, Daniel Lapp, Javier Bergia, Kepa Junkera, Tanya Tagaq, Jorge Drexler, Guadi Galego, Pablo Milanés, Najla Shami, Narf, Carmen París, Fetén Fetén, Rozalén, Pasión Vega, Pedro Pastor, Xabier Díaz …

Realiza composicións orixinais, bandas sonoras e anuncios como: Ano da Música en Pontevedra, Ao Pé dá Letra, Os homes só contan ata tres, O Barco dá Memoria, Trece Badaladas, Xente con Xente, Ca comida non se xoga – Queixos Bama -, Cucuducho, Kochambre, A Illa da mentiras.

Produtor musical en traballos discográficos de Najla Shami, Fred Martins, Ugia Pedreira, Guadi Galego, Tanxugueiras, Davide Salvado, Kepa Junkera, Pesdelán, Linho do Cuco, entre outros.

Desde o ano 2000 adícase á docencia e divulgación do acordeón diatónico formando parte de proxectos educativos como o Conservatorio de Música Tradicional e Folque de Lalín, despois na Escola Livre da Música Popular Galega (aCentral Folque en Compostela), impartindo ademais seminarios na Universidade Popular de Vigo, no Instituto Piaget de Viseu, ESMU Santiago de Compostela, Cantigas e Agarimos, Centro de Música Fingoi, Cántigas e Frores, etc.