Discografía > Dirección/Conducción Musical

Mulleres no Foco

2022

Condución musical a cargo de Guadi Galego, Pedro e Pablo Pascual.

Primeira edición dos premios Mulleres no Foco, unha iniciativa promovida por CIMA (Asociación de mulleres cineastas), que pretende poñer en valor o traballo realizado polas mulleres en todos os ámbitos do sector audiovisual.

OPENING WOMEX 2016

OPENING WOMEX

2016

Evento dirixido polo músico galego Pedro Pascual

Dirección de “Iberian-Music Tapas. Menú”, o Opening da sección inaugural do Womex, no que se dá a benvida aos máximos profesionais da world music. Kepa Junkera, María Arnal & Marcel Bagés, Carmen París, Cuarteto Caramuxo e Talabarte foron os artistas participantes. Enlace a vídeo

COGAMI gala 25 aniversario

COGAMI gala 25 aniversario

2015

Conducción musical: Talabarte.

PREMIOS DA CULTURA GALEGA 2013

PREMIOS DA CULTURA GALEGA

2013

Condución musical: Talabarte

Galardóns outorgados pola Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, retransmitida pola tvG2 desde a Cidade da Cultura de Galicia.

Descarga ao Vivo. Cuba - Galiza

Descarga ao Vivo. Cuba - Galiza

2009

FALCATRUADA. FAL632CD

Dirección musical con Alejandro Vargas e Marcos Teira. Espectáculo musical que xunta a artistas de Galiza e Cuba redescubrindo a enorme riqueza que atesoura este patrimonio musical compartido. Un percorrido por composicións históricas de autores emigrados á illa dende finais do século XIX e novas creacións dos propios músicos da ensemble.

AO PÉ DA LETRA

Ao pé da letra

2004

Punto de encontro de artistas e proxectos musicais galegos con outros doutras latitudes coma Jorge Drexler.

Dirección xunto a Guille Fernández

A tarde é nosa (TVG)

A tarde é nosa (TVG)

2002

Magacín presentado por Neves Rodríguez

Banda musical en directo: Kin García, Carlos Arévalo, Alfredo Susavila, Pablo Pascual, Pedro Pascual.