O libro “de Botóns” (así se lle chamaba ao acordeón diatónico en moitas zonas da Galiza) consta dunha selección moi escollida de repertorio galego adaptado a este instrumento. Un traballo amplo e ambicioso en torno ao diato, cunha parte moi interesante de antropoloxía, onde se engaden fotos (case todas inéditas) de acordeonistas antigos de Galicia (mulleres e homes) así coma unha parte bibliográfica ca orixe de cada música. Os dous autores son grandes coñecedores deste instrumento: Carlos Quintá e Pedro Pascual van contar cunha serie de colaboradores especialistas en diferentes áreas como Benxamín Otero ou José Dopico Orjais. Despois de cinco anos de elaboración nace este traballo, feito desde Galiza cun carácter internacionalista, para que poda chegar a acordeonistas diatónicos e instrumentistas non só da Galiza senón da Península Ibérica e Europa (onde o instrumento está a gozar de muito suceso). Non se comtemplan as fronteiras políticas se non as culturais; é por iso que aparecen tamén pezas dos territorios que algún día ou foron galegos ou non existe barreira cultural (O Bierzo, Eonavia, León, Portugal, …)